XXV aniversario da Revista Xistral

A Revista lucense de creación poética Xistral vén de facer o seu XXV aniversario desde a refundación no ano 2023, e acaba de saír do prelo. Nesta edición especial, publicada pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, pódese atopar un poema de Abraham Pérez titulado ‘Canto primeiro’.

Publícase ‹‹Rosalía no barrio›› fanzine editado por Solaina

O 15 de febreiro presentarase no Bar Torre de Andrada de Lugo, ás 14:30 horas, o fanize Rosalía no barrio publicado por Solaina e que conta cun poema de Abraham Pérez. Trátase dun pequeno poemario que busca achegar a obra de Rosalía de Castro aos barrios de Lugo: A Milagrosa e A Piringalla, e que será repartido entre os veciños, as escolas e os locais dos barrios.

O venres 23 de febreiro, para honrar a figura da escritora universal, haberá un recital na galería Solaina ás 19 horas para presentar o texto.