‹‹O paso en falso›› no xornal El Progreso

O xornal El Progreso faise eco da presentación da novela O paso en falso (finalista do XXXIV Premio Torrente Ballester de novela en lingua galega) publicada pola Editorial Galaxia. A presentación tivo lugar na libraría La Voz de la Verdad de Lugo. No acto estiveron presentes Eva López, como representante da editora e o filósofo Miguel Ángel Martínez Quintanar, amais do propio autor, arroupados por un amplo público.

Presentación de ‹‹O paso en falso›› en Lugo

O mércores, 29 de novembro, presentarase en Lugo a novela O paso en falso de Abraham Pérez, recentemente publicada pola Editorial Galaxia. O acto será na libraría La Voz de la Verdad (Rúa Bispo Aguirre, 17) ás 19:30 horas. Contará coa participación do filósofo e ensaísta Miguel Ángel Martínez Quintanar e de Eva López, en representación da editorial.

Apertura da galería de arte NÉBOA

O xoves 30 de novembro abrirá as súas portas a galería de arte NÉBOA en Lugo, dirixida por Alba L. Porto e estará situada na rúa Lamas de Prado, 31. A primeira exposición será Non hai dúas sen tres de Carlota Pereiro.

No portal web recóllese unha cita «Hai unha cor que cruza a tea. Oponse unha faísca que abre a luz no medio da imaxe. Eclosiona a arte, faise néboa» do escritor Abraham Pérez. Para vela, preme aquí.

Acceso á web da galería aquí.

‹‹Sacho de seda›› no Galicia en Goles da Radio Galega

O programa deportivo da Radio Galega, Galicia en Goles, conducido polo xornalista Roberto Carlos Carballo fáise eco da publicación de Sacho de seda (Menino Morreu, 2023). A entrevista realizada por Emilio González e o propio Roberto Carlos Carballo ao autor, Abraham Pérez, pódese escoitar a partir do minuto 22. Pica aquí para acceder ao podcast da radio á carta.