O martes 24 de maio, na Libraía Pedreira (Rúa do Home Santo, 55, 15703 Santiago de Compostela), ás 20 horas Abraham Pérez estará acompañado do crítico literario Armando Requeixo para presentar o corpo transparente das horas (Editorial Galaxia, 2022). O acto será aberto ao público e gratuíto.
Mes: May 2022
Sinatura de ‘o corpo transparente das horas’ (Editorial Galaxia, 2022) en Lugo
O xoves 19 de maio, dentro do programa de actividades da Feira do Libro de Lugo 2022, estará Abraham Pérez, ás 19 horas na caseta da Libraría Biblos, asinando o corpo transparente das horas (Editorial Galaxia, 2022), así como o resto da súa obra.
Presentación dos libros gañadores no XXV Premio de Poesía Francisco Añón
O martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase na Casa da Cultura de Outes ás 17 horas a presentación das obras gañadoras no XXV Premio de Poesía Francisco Añón. Neste acto estará presente Abraham Pérez ao acadar o Accésit coa obra toxicidade.
Presentación de ‘Aquí comeza o mar’ de Blanca Riestra na Feira do Libro de Lugo na compaña de Abraham Pérez
O martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, Blanca Riestra estará a presentar na Feira do Libro de Lugo a novela Aquí comeza o mar (Editorial Galaxia, 2022) que acadou o Premio Blanco-Amor 2021. Será ás 11:30 horas. A autora estará acompañada polo escritor Abraham Pérez.
Presentación de ‘Final feliz’ (Xerais, 2022) de Xavier Queipo na compaña de Abraham Pérez
O venres 13 de maio, o escritor Xavier Queipo -un dos autores sobranceiros da literatura galega contemporánea- estará no Vello Cárcere de Lugo ás 20 horas presentando o volume de relatos Final feliz (Xerais, 2022). O autor estará acompañado por Abraham Pérez.
Presentación de ‘o corpo transparente das horas’ en Lugo
O mércores 11 de maio, ás 19:30 horas, Abraham Pérez presentará o corpo transparente das horas (Editorial Galaxia, 2022) no Vello Cárcere de Lugo. O autor estará acompañdo polo filósofo e ensaísta Miguel Ángel Martínez Quintanar, e por Tati Mancebo, directora comercial da Editorial Galaxia. O acceso é gratuíto.