Reseña da presentación de ‹‹O paso en falso›› no IESCHA

Velaquí queda a reseña que o Instituto de Estudos Chairegos publicou na súa web acerca da presentación de O paso en falso (Editorial Galaxia) de Abraham Pérez o pasado día 12 de xaneiro. No acto participaron, amais do autor, o filósofo Miguel Ángel Martínez Quintanar e a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro. Para ver a galería de fotografías e ler o texto preme aquí.

Presentación de ‹‹O paso en falso›› en Vilalba

O venres, día 12 de xaneiro, celebrarase na Casa da Cultura de Vilalba (Praza Suso Gayoso, 14) a presentación da novela O paso en falso (Editorial Galaxia, 2023) de Abraham Pérez. Acompañando ao autor estará o filósofo e ensaísta Miguel Ángel Martínez Quintanar. O acto está organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, e conta coa colaboración do Concello de Vilalba, a Editorial Galaxia e a Libraría Andel.

A entrada é de balde até completar aforo.