A revista Xistral, no seu número 24 correspondente ao ano 2022, recolle dous poemas inéditos de Abraham Pérez. Dito número vén de saír do prelo hai tan só uns días coa colaboración da Área de Cultura do Concello de Lugo.
Mes: diciembre 2022
As conversas de Mariñán: literatura e pensamento
O mércores, día 14 de decembro na Fundación CIEC (nº2 da rúa do Castro, Betanzos, A Coruña), terá lugar o faladoiro ‘As conversas de Mariñán: literatura e pensamento’ no cal intervirán Abraham Pérez, María Marco e Xesús Fraga. Este acto forma parte da Residencia Artística Mariñán da Deputación da Coruña. Entrada de balde até completar aforamento.
Residencia Artística Mariñán
Desde o día 5 até o 16 de decembro, Abraham Pérez será un dos escritores que participará nas Residencias Artísticas Mariñán convocadas pola Deputación da Coruña. O Pazo de Mariñán será o espazo no que desenvolverá parte do seu proxecto artístico, neste caso un texto de características poéticas e filosóficas.