Breve manifesto inacabado e inestábel de aproximación ao proxecto literario

Breve manifesto inacabado e inestábel de aproximación ao proxecto literario

Cada obra é un intento de aproximación ao presente. Ten algo de xeógrafo, de historiador, de médico, de prestidixitador, de amante, de comediante, de farsante. Aproxímase ao delito. Mais…

Representa unha loita contra si mesma; facéndose e desfacéndose. Por iso cada libro, cada obra vese na obriga de fracasar. (A complexidade das obras mestras reside en que, dalgún xeito, suporían a culminación, o camiño percorrido). Cada texto é un sendeiro –xa en extinción de antemán- abordado a cegas cara algures, cara unha hipotética nova comprensión. Un artefacto poético-narrativo (literario), político, existencial, ético, trivial, afectivo. Tese e antítese sen síntese; ou mellor: tese sen tese, baleira, desfondada. Obra desobrada. A cada intento, unha nova incisión, un novo percutir, unha nova diferenza e unha nova repetición no caos, na desmesura, no alterado, no inxusto (calquera declaración de amor é inxusta). Un altercado, unha incomprensión.

Gilles Deleuze di en Différence et répétition: “sábese que a obra de arte moderna tende a realizar estas condicións; convértese neste caso nun teatro, feito de metamorfoses e de permutacións. Teatro sen nada fixo ou labirinto sen fío (Ariadna aforcouse). A obra de arte abandona o campo da representación para converterse en ‹‹experiencia››, empirismo transcendental ou ciencia do sensíbel”.

A escritura é unha tentativa, unha pretensión sen destino. Por iso os libros están cheos de marcas, de desviacións, de equívocos, de erros, mais algúns deles funcionan como punto de referencia e de (des)orientación. [O meu primeiro libro, un volume de relatos, contén fallos. A meirande parte deles imperdoábeis, mais para min -porque son consciente de que para ninguén máis: mea culpa, mea culpa, mea maxima culpa– serviu de experimento, de ensaio].

Precario e provisorio: sempre aberto.

[interrupción, distorsión, murmuración e interferencia]

Que queda? Cavar ocos, abrir vieiros e sentidos en todos os sentidos, extenuarse en superficies inhóspitas do singular-plural. Aperturas, fendas, chagas, crebas e fragmentos na procura dunha posíbel nova constelación.

                                                                                                        A. P.

                                                                  En Lugo, a 7 de maio de 2020.

Acontece en Filosofía: Boletín informativo de la Facultade de Filosofía de la USC

Aparece en ‘Acontece en Filosofía: Boletín informativo de la Facultade de Filosofía. (Nº4 Extraordinario setembro-novembro)’ la información referente a la presentación de Materiales básicos de la carencia (Ediciones En Huida, 2018), realizada en la Facultade de Filosofía de la Universidade de Santiago de Compostela el día 17 de octubre de 2019. El autor estuvo acompañado por los filósofos Oscar Parcero Oubiña y Marcelino Agís Villaverde.Captura pantalla buena

 

Presentación de ‘Materiales básicos de la carencia’ (Ediciones en Huida) en Compostela

Aquí dejo la nota de prensa aparecida en el diario El correo gallego con motivo de la presentación de Materiales básicos de la carencia (Ediciones en Huida, 2018).

Desde aquí quiero mostrar el agradecimiento por el cariño recibido por parte de todas las personas que se congregaron en el salón de actos de la Facultade de Filosofía de la Universidade de Santiago de Compostela. Así como dar las gracias a la propia universidad, a la facultad (que de algún modo es mi casa) y a todas las personas que apoyan y han apoyado este proyecto.